“Todos somos Superheroes nalgún momento da nosa vida e temos características propias que nos definen e diferénciannos dos demais, facéndonos especiais por iso”.

PORTADA final.

Neste proxecto de traballo “Superheroes”, os nenos do grupo infantil da Aula Teatro Creativo do Liceo de Noia, a través de preguntas, de diferentes disciplinas artísticas -teatro, música, fotografía, debuxo, collague, etc…-crearon os seus superheroes.

“Superheroes”, todos eles “con poderes para triunfar e combater o mal”: SUPERCHULETA, con el ninguén pasará fame no planeta Terra, MR.BOOM defende aos débiles dos viláns, CAPITÁN dá SORTE, co seu trevo vencerá, PAPISTAR, defende aos nenos de todos os males, XEMELGOS MULTIPOWER, loitan contra o problema do lixo no planeta, SHROOMBOOM, defensor dos vexetais, non á comida basura!

Os obxectivos neste traballo, que forma parte doutros moitos que realizamos durante o curso, foron tomar conciencia do mundo en que vivimos, desenvolver valores, capacidades físicas, manuais e artísticas, o autocoñecemento do neno a través da creación do seu Superheroe, intelixencia emocional, divertirse e imaxinar!

O resultado final foi un cómic e unha exposición de fotografías con deseño dixital.

https://www.facebook.com/pg/yocreo.teatro/photos/?tab=album&album_id=1520315604952002

“Tí tamén podes ser un Superheroe…, cal é o teu poder?”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Connect with Facebook