Nunha verdadeira viaxe de descubrimento non se trata de buscar novas temáticas, senón de ter un ollo novo co cal mirarnos. O taller está orientado a todas aquelas persoas que queiran coñecerse un pouco máis, expresar o seu mundo emocional. Servímonos do teatro creativo como medio de expresión, de auto-coñecemento e desenvolvemento persoal, de conexión cara á autenticidade do noso verdadeiro Eu… 

…porque, para ter un ollo novo co cal mirar, necesitamos aprendernos, necesitamos desenvolver todas as nosas capacidades explorativas, creativas, abrir a nosa mente ao novo, ao diferente e aprender a xestionar o vello. Valémonos do movemento, da voz, meditación, relaxación, da escena e a improvisación, onde a base é o xogo (físico, mental, sensitivo).

Unha moi boa mestura para o inicio da liberación persoal e a sanación da alma. TALLER de APORTACIÓN VOLUNTARIA

Información e reserva: Maria Creo : 676 792 844

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Connect with Facebook