Olalab Acción Cultural ofrece a proposta de Creatividade e Teatro. Todo un repertorio para gozar da Semana Santa e compartir as mañás con nenas e nenos ata 12 anos, construíndo soños, ideas, coñecemento e habilidades.

Desde o luns 10 a venres 14 ou a mércores 12, en horario de 10 a 14h, os pequenos poderán descubrir cales son os seus superpoderes usando a súa imaxinación e creatividade.

“Todos somos Superheroes nalgún momento da nosa vida e temos características propias que nos definen e diferénciannos dos demais, facéndonos especiais por iso”

Presentación1

Os superhéroes e superheroínas crean fascinación nos nenos e nenas, forman parte do seu mundo imaxinario. Neste proxecto divertido e imaxinativo e a través da creación das súas propias personaxes de ficción e da súa realidade (aprenderán a distinguilas), xogarán e coñecerán como poder mellorar o seu mundo!.

Eles mesmos destacarán e descubrirán os seus valores, os seus medos, os seus gustos, a súa expresión corporal e vocal, tomarán conciencia do bo e o malo….e a partir de ahí crearán e xogarán ca súa personaxe!

DESENVOLVEMENTO DE VALORES, CAPACIDADES FÍSICAS, MANUAIS e ARTÍSTICAS (interpretación, expresión, música e voz, debuxo, collague, fotografía….), CREATIVIDADE e IMAXINACIÓN, XOGO, GRUPO, AUTOCOÑECEMENTO, INTELIXENCIA EMOCIONAL, AUTOESTIMA e CONFIANZA…

CRONOGRAMA
10:00-10:30. Recepción dos nenos cos pais. Xogos variados.
10:30-11:30. ACTIVIDADE
11:30-12:00. Recreo e merenda.
12:00-13:30.ACTIVIDADE
13:30-14:00. Despedida e recollida dos nenos polos pais.

MATERIAIS INCLUÍDOS: Ademais poñerase a disposición dos nenos unha chea de materiais para confeccionar as súas ferramentas de “batalla”, capas, antifaces e brazaletes con poderes fantásticos.

Número de PRAZAS LIMITADO A 12.

Matrículas e prezos no seguinte enlace: talleres.auladeideas.com

[Reserva de Prazas e Inscrición] A inscripción para o curso debe facerse previamente enviando un mail cos datos persoais e os do neno (1. nome completo, 2. Idade, 3. Mail, 4.Teléfono de contacto, 5.Alerxias?, 6. E datos da nai o pai,  ao correo espazo.olalab@gmail.com, / con asunto: Actividade nenos Semana Santa

A actividade desenvolverase no espazo de acción cultural Olalab: Acción Cultural (C/Porta dá Pena 10, 15704 Santiago de Compostela).

Máis info en espacio.olalab@gmail.com
606971859
www.olalab.net

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Connect with Facebook

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>